Queridos nenos e nenas:
O noso “profe” Kico estivo en Santiago o día 8 de marzo nos encontros dos bibliotecarios escolares de Galicia; eran máis de seiscentos (600) profes compartindo experiencias e aprendendo xuntos para mellorar as nosas bibliotecas. Eles teñen unhas “xefas”, que se chaman Cristina e Pilar, que traballan moito en favor das Bibliotecas Escolares de Galicia, e que tamén mandaron por Kico algúns agasallos para todos vós, dos cales tedes unhas fotos máis abaixo.
Poderedes facervos cun marcapáxinas se no mes de abril, que é o mes do libro, levades para casa prestado algún libro da nosa “Biblio”. Polo que se refire ao “Pase ao Liberespazo”, o recolleredes o primeiro día de abril que levedes un libro para casa; nel teredes que cubrir os datos dos libros que leades, puntualos segundo vos gusten máis ou menos e apuntar o que máis vos gustou de cada un deles. Unha vez teñades todo o pase cuberto (da para seis -6- libros), o traeredes á Biblioteca para que Kico volo selle.
E como estamos cheos de agasallos para celebrar este mes do libro, aquel que pase pola biblio e leve un, deixará o seu nome na urna que poremos á vosa disposición e, deste xeito, poderá participar no sorteo dunha chea de contos ben fermosos!
¡Feliz mes do libro!
1 comentario:
21 de marzo, feliz día da poesía!
http://proyectopoesiaerestu.wordpress.com/
Publicar un comentario