Atopamos unha interesantísima entrada na páxina Meigatintureira (Blogue da Biblioteca do CEIP A PAZ, Coruxo-Vigo), que ten moito que ver co PDI que estamos a levar a cabo. Reproducímola aquí de forma literal para non quitarlle nin unha pizca de mértio aos seus autores. É das cousas que fan pensar.
O PERIGOSO CAMIÑO AO COLE...
As veces non nos paramos a pensar, pero somos uns privilexiados.
Imos ao colexio en Bus escolar ou traennos os nosos pais no coche ou ao
peor vimos andando 400 ou 500 metros por camiños asfaltados. Hai moitos
nenos e nenas do mundo que para ir a súa escola teñen que camiñar moito
tempo e por lugares perigosos, as veces durante horas.... que non me
credes!! O pasado domingo saiu un pequeno artigo na revista dominical xlsemanal no que nos conta as peripecias que teñen que facer os rapaces e rapazas dunha pequena aldea de Indonesia (Lebak na provincia de Banten) para asistir ao cole. Vede, vede e logo me contades a vosa opinión a través do Blog da Meigatintureira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario