Boas dontiños!!
Hoxe é un día especial, 29 de febreiro, un deses días que soamente temos cada catro anos; polo tanto, é a primeira vez que escribimos unha entrada no blogue neste día, xa que temos tres anos de vida.
Especial porque remata o mes do amor e comeza o "mes da poesía" -marzo- . Para celebralo convocaremos a actividade "Ilustra un poema", na que teredes debuxar un poema que vos guste.
Tamén no mes de marzo que mañá comezamos conmemoraremos "O Día da Muller Traballadora" -8 de marzo, xa está os recursos na barra superior- , tamén a semana da prensa -algo faremos tamén- e o Día dos Dereitos do Consumidor -poñeremos recursos nas pestañas superiores-
Así que xa vedes, ven o mes cargado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario