17 oct 2011

Novo concurso!

Boas!
Comezamos outra semana do mes da biblioteca.
Seguimos coa inercia positiva de empréstitos e a pasada semana chegamos aos 182. De seguir así non quedarán libros na biblio.
Por outra banda puxemos en funcionamento un novo concurso, esta vez relacionado coa exposición do PDI. Para participar deberás pasar pola biblioteca e coller unha folla cunhas preguntiñas relacionadas cos libros e obxectos que están expostos na entrada do corredor principal. Se contestas ben a todas elas entrarás no sorteo dun agasallo. Vai correndo á biblio e proba sorte.

1. Como se chama a casa de xeo dos esquimais?

2. De que país é propio o instrumento chamado “balalaica”?

3. En que continente se atopa un país chamado “Senegal”?

4. Como se chaman os habitantes orixinais (oriundos) de Nova Zelandia?

5. En que país moi cercano a España (máis alá do Estreito de Xibraltar) os homes visten a “chilaba”?

6. De que país é típica a casa chamada “yurta”?

7. En que país se baila a “samba”?

8. En que país tómase tradicionalmente o “” ás cinco da tarde?

9. De que país é típico o vestido chamado “kimono”?

10. En que país se atopan as “pirámides” máis famosas do mundo?

11. De que país é tipico un baile e canción chamado “tango”?

12. En que país naceu Mahatma Gandhi?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ola¡
son víctor,o do curso 6ºB, os libros que máis me gustan son os de geronimo stilton e tamen gustame o conto de charlie a fabrica de choclate.

Anónimo dijo...

HOLA SON VICTOR OS LIBROS QUE MAIS ME GUSTAN SON OS DE GERONIMO STILTON E O DE CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE CHAO MANU