24 oct. 2011

Chega o Samaín!!

Xa temos ben preto o Samaín, como cada ano o equipo de Biblioteca quere dar a posibilidade á comunidade educativa de acceder a recursos sobre esta celebración. Premendo na imaxe enviarémosvos a unha páxina con todo tipo de actividades (elaborada polo CEIP Víctor Sáenz).

A maiores ímosvos recomendar un blogue chamado "Repugnante y nutritiva" , un libro de cociña con tremendo éxito en América, nel baixo nomes como Sanguijuelas fritas, Pis y caca, Dientes podridos, Sangre coagulada escóndense receitas do máis saudable e nutritivo.

1 comentario:

O Blog dos cativos da Reboraina dijo...

Imos facer algo de cociña no meu cole ao longo do curso, e de seguro que aproveitamos algunha destas repugnantes pero nutritivas receitas. Graciñas pola recomendación.