Moitas veces me fixen esta pregunta e dependendo do momento saíame unha resposta diferente. Unhas veces lía para durmir (un pouco triste esta resposta), outras veces lía para relaxarme, outras para informarme de algo...
Pero desta vez propúxenme atopar unha resposta global, que me convencera de verdade. En definitiva, leo para vivir algo diferente, para ser quen non son, para que iso diferente que vivo me emocione, me enfade, me entristezca, me alegre...leo para saír da realidade, ou para volver a ela...creo que leo para ser feliz.
Espero que vos gustara, mañá temos Dontest, un saudiño!
4 comentarios:
Algúns opinan que a resposta é algo cursi, pero eu creo que non, senón todo o contrario. A quen non lle gustaría algunha vez converterse no protagonista dalgunha novela ou vivir unha emocionante aventura. Nótase que Donte é un ser especial ao que lle encanta transmitir a súa paixón pola lectura. Aproveitémolo e disfrutemos nós tamén. Moitas gracias a Donte polos seus comentarios e un saúdo para todos.
Agradécese o comentario; ás veces non resulta sinxelo expresar as ideas ou os sentimentos, pero hai que intentalo!!
Para min debiamos de contestar todos.Asi fariamos un libro grande.
O profe Kiko dixo que o iba a pasar a maquina.Dixo que non lle importaba o traballo que lle deramos, lle importa que participemos.
De Nair Iglesias Iglesias.
Nair, ti ben sabes que o profe Kico pasa o traballo que sexa necesario para o ben da Biblioteca, vós tedes que colaborar coas vosas respostas. Por certo,lin algunhas e son moi, moi bonitas. Eu anímovos sempre a que vos atrevades. Un saúdo e grazas polo comentario.
Publicar un comentario