Se vos digo que hai alguén que pasa na biblioteca tantas horas coma min, seguro que sabedes que estou a falar de Quico. Pois ben, el é o segundo en contestar ás cuestións do Dontest, aí van.
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Cando tiña 4 anos, aló polo 1967, entrei nunha escola unitaria para rapaces. Como eramos tantos e só había un mestre, aos máis pequenos atendíannos os rapaces maiores. Foi un deses compañeiros, xunto co mestre don Emilio, quen me aprendera a ler.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Hai tanto tempo que, a verdade, non o recordo. Na miña casa, que era moi humilde, non tiñamos a penas libros; pero si che podo dicir que con 11 anos lin todo o Novo Testamento.
3. Cal é o teu libro favorito?
- O Señor dos Aneis, J. R.R. Tolkien
4. E o teu autor/a preferido?
- En español, Miguel de Cervantes e Pío Baroja; en galego, Eduardo Blanco Amor e estranxeiro, J.R.R. Tolkien.
5. Cal é o último libro que liches?
- El Plan del Señor para la Iglesia, de John MacArthur.
6. Cantas horas les á semana?
- Bastantes, aínda que depende das ocupacións que teña. Non poido dar unha cifra exacta.
7. Agora estás a ler...
- Ademais do National Geographic, estou lendo "Ensayos Teológicos en honor de Don Francisco Lacueva". Son pastor da Iglesia Evangélica de O Grove, e esa responsabilidade inflúe nas miñas lecturas.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Dous lugares: un, sempre, unha biblioteca, onde están os libros. Outro, o meu despacho, onde gozo de intimidade e tranquilidade, necesarias ambas para unha lectura reflexiva.
Un momento; calquer momento é bo para ler, pero, se teño que escoller, pola noite, incluso pola madrugada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario