21 oct 2009

DONTEST; ESTA SEMANA.........ANXO



Supoño que coa pista do "papeleo" acertarías o protagonista do Dontest, pero por se tiñas algunha dúbida, é Anxo, o secretario do cole, o que responde ás preguntas esta semana.


1. Lembras quen te ensinou a ler?

- Coido que sería na escola, unha mestra que se chamaba Dona Magdalena

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- A parte dos que había de texto, un que me prestara o meu mestre e que tiña varios relatos diferentes. Non me lembro do título.

3. Cal é o teu libro favorito?

- Teño moitos, pero "Sempre en Galiza" de Castelao, por dicir un. Tamén Scorpio, de Carballo Calero.

4. E o teu autor/a preferido/a?

- Tamén teño varios, pero agora poderíache sinalar aos dous mencionados antes, a Méndez Ferrín...
5. Cal é o último libro que liches?

- Unha biografía de Ramón Cabanillas

6. Cantas horas les á semana?

- Non teño horas fixas dedicadas á lectura. Podo pasar dous ou tres días sen ler máis que o obligado, ou pasarme tres, catro, cinco ou máis lendo.

7. Agora estás a ler....

- "Os libros arden mal", de Manolo Rivas
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Mellor á noite e nas vacacións e fins de semana case xa na madrugada.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi chulo o DONTEST do noso profe!
Segue así, Donte!

P.D.: Xa sabe Donte quen sou co o de "Noso Profe"

Manu Felpeto dijo...

Poderías ser calquera dos 20 nenos da clase de 5ºA, calquera dos nenos aos que Anxo imparte francés...