23 abr 2013

OS WHITE RAVENS

 
A representación galega nos White Ravens deste ano ten relacións cos paxaros.
Trátase de Bandada, o álbum ilustrado que xa se fixera co V PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMES ILUSTRADOS - 2012.
Unha metáfora sobre a historia da humanidade da autoría de David Daniel Álvarez HernándezMaría Julia Díaz Garrido.
Kalandraka está de noraboa!

FINALISTAS DOS PREMIOS A.E.L.G.

Entre os finalistas dos premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega, destacan os de
Literatura Infanto-xuvenil. Gustaríanos dar a nosa especial noraboa a Teresa González Costas, veciña de O Grove, cuios fillos remataron os seus estudios primarios no noso centro o ano pasado.
Os galardoados foron:

16 abr 2013

ABRIL.MES DO LIBRO.

Podedes pasar polo corredor do centro e atoparedes esta nova exposición que vos oferta moitos libros que falan de libros!!! Que a desfrutedes!!!

15 abr 2013

GAÑADORES DO SORTEO DO 12 DE ABRIL

Novamente levamos o cabo o sorteo de agasallos deste mes do libro.....

 

E a sorte foi parar ás mans de:

   Pablo Prol Barreiro 2º B
                                         

Nerea Márquez Cal 4º B

8 abr 2013

O MES DO LIBRO


Como sabedes, este mes festexamos o mes do libro!! Na biblioteca queremos levar a cabo esta celebración repartindo moitos agasallos!! Cada venres poderedes participar nos sorteos se levades un libro para a vosa casa!!!
Algúns dos nenos/as do cole xa tiveron boa sorte!!!!

 Antía Soutullo 6º B


NORABOA !!!!!!!!

                                                 Paula García 3º A


4 abr 2013

O LIBERESPAZO



Moitos de vos xa comezáchedes a descubrir o Liberespazo. Ese "lugar" cheo das aventuras e sorpresas que as páxinas dos libros van creando na nosa lembranza e no que podemos "fedellar" en total liberdade, redescubrindo o que máis nos gustou daquel ou daqueloutro conto!!!
Animámosvos ós que todavía non pasáchedes pola biblioteca para conseguir o voso pase a ese Liberespazo, a que o fagades!!! É o único xeito de convertirse nun "libernauta": só tes que cubrir no pase os datos dos libros que vaias lendo, colorear as lúas segundo o que che gustase o libro e escribir dúas palabras que che lembren a historia!!

19 mar 2013

MES DO LIBRO

Queridos nenos e nenas:
O noso “profe” Kico estivo en Santiago o día 8 de marzo nos encontros dos bibliotecarios escolares de Galicia; eran máis de seiscentos (600) profes compartindo experiencias e aprendendo xuntos para mellorar as nosas bibliotecas. Eles teñen unhas “xefas”, que se chaman Cristina e Pilar, que traballan moito en favor das Bibliotecas Escolares de Galicia, e que tamén mandaron por Kico algúns agasallos para todos vós, dos cales tedes unhas fotos máis abaixo.
Poderedes facervos cun marcapáxinas se no mes de abril, que é o mes do libro, levades para casa prestado algún libro da nosa “Biblio”. Polo que se refire ao “Pase ao Liberespazo”, o recolleredes o primeiro día de abril que levedes un libro para casa; nel teredes que cubrir os datos dos libros que leades, puntualos segundo vos gusten máis ou menos e apuntar o que máis vos gustou de cada un deles. Unha vez teñades todo o pase cuberto (da para seis -6- libros), o traeredes á Biblioteca para que Kico volo selle.
E como estamos cheos de agasallos para celebrar este mes do libro, aquel que pase pola biblio e leve un, deixará o seu nome na urna que poremos á vosa disposición e, deste xeito, poderá participar no sorteo dunha chea de contos ben fermosos!
¡Feliz mes do libro!



CARE SANTOS

Despois de deleitarnos coas historias dos persoaxes de "Se vende mamá" que moito nos fixeron rir, pero tamén nos enterneceron e nos fixeron reflexionar sobre o importante que é a familia nas nosas vidas; tivemos a sorte de poder falar e preguntarlle moitas cousiñas á autora deste e outros libros: Care Santos.
Care Santos visitou o CEIP Rosalia de Castro e aquí queremos deixarvos un recordo desta visita e dese libriño que tan bos momentos nos fixo pasar.
Outros libros desta interesante autora están á vosa disposición na biblioteca. Vinde a por eles!!!

7 mar 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. Propoñémosvos un enlace interesante:
MULLER TRABALLADORA


 

5 mar 2013

MES DO AMOR E DA AMIZADE!!

Vimos de celebrar, no mes de febreiro, o mes do amor e da amizade. Dende a biblioteca propuxémosvos unhas actividades nas que a gran maioría participáchedes e grazas a vós decoramos un corredor cheo de amor!!! Esperamos que vos guste!!


Ademáis entre tódolos traballos presentados no terceiro ciclo, celebramos un concurso. Noraboa ás vencedoras!!