Como todos
sabedes xa, este curso o noso centro cumpre 50 anos, e por iso o noso PDI
titúlase “O Rosalía está de cumpre! 50 anos para o recordo”.
E para comezar a
traballar neste tema, facemos un concurso de investigación do PDI entre os alumnos
de 4º, 5º e 6º de Primaria. Algunhas preguntas son bastante fáciles, pero
outras son un pouco máis complicadas. Ánimo rapaces e rapazas! Investigade,
preguntade aos maiores e seguro que acertaredes!
“O “Rosalía” está de cumpre! 50 anos para o recordo”
“O “Rosalía” está de cumpre! 50 anos para o recordo”
INVESTIGA /
PREGUNTA AOS MAIORES (PAIS E AVÓS)
NOMES:____________________________________
CURSO:__________
·
En
que ano se inaugurou o noso colexio?
·
Quen
foi o primeiro director do noso colexio?
·
Escribe
o nome de cinco mestres que deron clase no noso colexio, pero que agora
non traballan nel:
1.
2.
3.
4.
5.
· -
Pregunta
aos maiores da casa por algunha escola que existira antes do noso colexio (eran
coñecidas como “A escola de Don o Dona...”, seguida do nome do mestre ou
mestra). Pregunta o seu nome e onde estaba situada no pobo.
· -
Investiga
(pregunta aos maiores) como se chamaba (polo nome co que era coñecido) o
lugar onde se construíu o noso colexio.
·
- As
primeiras escolas do Grove eran mistas ou separadas por sexos?
·
Escribe
o nome dos centros escolares (colexios e institutos) existentes hoxe no
Grove e onde están situados no pobo
· -
Investiga
e escribe o nome de polo menos dúas Leis Educativas que regularon a
Educación nestes últimos 50 anos
·
-Investiga
(pregunta aos maiores) e escribe o nome dalgúns dos xogos aos que xogaban na
escola teus avós e teus pais (non valen deportes, coma o fútbol)
· - Onde
e cando
(a data) naceu Rosalía de Castro
·
- Con
quen estivo casada Rosalía de Castro e cantos fillos tivo?
· -
Escribe
o nome de tres das obras literarias máis coñecidas de Rosalía de Castro.
· -
Onde
e cando
(a data) finou (morreu) Rosalía de Castro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario