31 ene 2018

RECOMENDAMOS!!


A editorial Kalandraka acaba de publicar Por que? de Nikolai Popov. 
O autor, que viviu  os horrores da 2ª Guerra Mundial, pregúntase  neste álbum cales son as causas das guerras e convida aos lectores e lectoras a reflexionar sobre os conflitos, desde os máis cotiáns ás grandes loitas para sementar unha cultura e educación para a paz, o diálogo e a tolerancia entre os máis novos.
Na presentación editorial indícasenos  que  "a senrazón da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado nin unha soa palabra."
Este álbum cómpre telo en conta nas lecturas, nas seleccións e outras actividades que fagamos na biblioteca escolar para conmemorar  o Día escolar pola paz e non violencia.
Outros títulos :
A bruxa Discordia de Mamá Cabra e Carmen Gil
O Valo de Carlos Labraña
 Eu son Suleiman de Antonio Lozano
Camiños de auga  de Manuel Núñez Singala. 

No hay comentarios: