O día 25 de
novembro celébrase o “Día Internacional da eliminación da violencia contra a
muller”, tamén coñecido por “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”
A campaña ÚNETE para por fin á violencia contra as mulleres do
Secretario Xeral das Nacións Unidas, administrada por ONU Mulleres, proclamou o
día 25 de cada mes como “Día Laranxa”: un día para actuar a favor de xerar
conciencia e previr a violencia contra mulleres e nenas.
Desde a biblioteca invitámosvos a colaborar connosco
na conmemoración dun día tan importante. Só teredes que vir ataviados cun
motivo de cor laranxa que
sexa ben visible: lazo, camiseta, pano, diadema, cordóns. Esperamos contar coa
vosa colaboración. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario