A editorial Sotelo blanco vén de publicar na súa colección Bolboreta, O país das andaviras, libro de poemas de Xoán Babarro e ilustrado por Viki Berre.
Poesías
sobre paxaros e outros seres voadores da nosa fauna: merla, paspallás,
galo, perdiz, lavandeira...acompañadas de ilustracións cheas de cores.
Dirixido
aos primeiros lectores de Educación Infantil e 1º ciclo de primaria,
este pequeno catálogo de aves é unha achega á poesía, ben para ler,
recitar ou recrear.
O país das Andaviras
É un soño de sabores.
O arrecendo de todas as flores.
O ronsel dun bergantín.
O que cabe no teu e no meu maxín.
Un chapeu
en cada flor de romeu.
Un beixo
en cada seixo.
Un son harmonioso
semellante ao país noso.
E mil unha andaviras de cores
pintando a terra de rumores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario