Polo día do libro, ademáis dos apadriñamentos lectores, fíxose un reparto de premios para gratificar a aqueles nenos e nenas que máis libros len da nosa biblioteca. Do mesmo xeito repartimos premios a aqueles rapaces e rapazas que colaboran coa biblio no empréstito, xestión, etc.
Moitas gracias a tod@s!!!!
30 may 2014
29 may 2014
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA
Que medo pasamos os nenos de 4º o día que nos veu visitar Paula. Grazas por vir ao noso cole!!!
22 may 2014
DERRADEIRO SORTEO DO MES DO LIBRO
8 may 2014
LETRAS GALEGAS
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
LETRAS GALEGAS 2014
Na páxina do blogue "Letras galegas", situada no menú superior, poderedes atopar enlaces actualizados para traballar o día das Letras Galegas e coñecer máis cousiñas sobre Xosé María Díaz Castro.
Esperamos vos sexan útiles!
7 may 2014
RECOMENDACIÓN LECTORA
Na semana do 5 de maio recomendámosvos:
É o que ten ser tan testalán... que ata apareces nas camisetas.
A burra Ramona, da autoría de Paula Carballeira e con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baia
Da presentación editorial, podemos recoller... "Un bo día, a burra Ramona, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei".
LER, LER E MÁIS LER
Ben coñecemos todos os beneficios que a lectura aporta ao desenvolvemento dos rapaces e rapazas. Neste sentido recoméndamosvos votarlle un ollo ao seguinte enlace, no que a Asociación Española de pediatría afronta este tema.
RECOMENDACIÓN LECTORA PARA ADULTOS
Agustín Fernández Paz anuncia a publicación do seu novo libro, A viaxe de Gagarin. Nesta ligazónpódese descargar xa o primeiro capítulo desta novela.
Ademais, o escritor abre un blogue, A VIAXE DE GAGARIN, no que recompila algunhas informacións que foi atopando no proceso de escrita e que poden ser de interese para os lectores. A xenerosidade do escritor e o coidado para cos seus lectores maniféstase unha vez máis na creación desta "canle complementaria" para ampliar información sobre a temática da súa novela.
Lembramos que Agustín Fernández Paz mantén, así mesmo, un blogue no que vai creando entradas de gran interese sobre diversos temas que lle son queridos: o cómic, o cine, a música, a literatura... Teredes sempre á man o blogue de Agustín na marxe dereita "Enlaces da biblioteca"
Ademáis gustaríanos facernos eco do último premio outorgado a Agustín. O Premio Trasalba. Poderedes coñecer máis sobre esta nova no seguinte enlace: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24184
6 may 2014
SORTEOS POLO MES DO LIBRO
DÍA DO LIBRO
Un ano máis celebramos o día do libro cos "apadriñamentos lectores". Como sempre todos os rapaces e rapazas do colexio se implicaron moitísimo nesta actividade e gracias a eles volveu ser todo un éxito.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos ese día.
Gracias a todos pola vosa colaboración. Aos máis pequenos pola atención, interese e bo comportamento e aos maiores por transmitir con tanto entusiasmo as fermosas e emocionantes historias que agochaban os libros que seleccionáchedes na biblioteca!
2 may 2014
SORTEOS POLO MES DO LIBRO
O día 11 de abril e o 25 de abril tamén repartimos agasallos, como todo este mes, para celebrar o "mes do libro".
Os gañadores foron:
Os gañadores foron:
11 de abril
- Raquel Fernández Barcala, de 5º A
- Uxía Aguiño Domínguez, de 4º A
25 abril
Suscribirse a:
Entradas (Atom)