31 mar 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 2 DE ABRIL


Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o vindeiro 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen. 

Nesta ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.

GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso deexpresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),  no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).

No hay comentarios: