Boas dontiñ@s!
Hoxe comezamos un novo concurso. Nesta ocasión queremos que o blogue sexa 100% protagonista, así que todos aqueles/as que aspiren a gañar o concurso deberán visitarnos e "bucear" polo noso océano.
Para participar non tes máis que contestar a oito preguntas, para elo terás que pasar pola biblioteca e recoller unha plantilla na que deberás anotar as respostas, para posteriormente entregalas e entrar no sorteo.
Que onde atoparás as respotas? No blogue. Para eso terás que buscar as entradas apropiadas nas que obteñas a solución das preguntas.
Unha pista; podes empregar as "etiquetas" que tes no menú da dereita.
As preguntas son:
CURIOSIDADES
1.Cal é o titulo da entrada que se publicou o 26-11-2010?
2.Que recomendou Albert Einstein para mellorar nas matemáticas?
DONTEST
3.Que nena contestou no Dontest que a súa autora preferida é Paula Carballeira?
4.Cal é o libro favorito do profe Francisco?
PDI OS CONTOS
5.No mural do bosque dos contos, que profe está caracterizado como o frautista de Hamelin?
6.Que persoaxe de conto lle gustaría ter sido a Clara, de 6º A?
RECOMENDACIONES LECTORAS
7.Onde naceu Fina Casalderrey?
RECURSOS DIDÁCTICOS
8.Que se celebrou o 22 de marzo?
A traballar!!!
2 comentarios:
Eu recomendaria o libro do nacemento do dragon esta moi chulo leedeo .
Eu xa o lin e ti a que esperas para levalo?
O libro de Brujas y echizos es mui bonito yo lo recomendaria para que lo lellerades, ai un libro que di o anonimo e certo o nacemento do dragon esta moi ben ainda que ,mesturando corpos dos animais dos pobos de china para que quede un dragon e un pouco raro bueno deixo de falar leede os libros que eu recomendo que son moi bonitos veña a quse esperades ide xa collede o libro e veña leelo .
A e por certo poñede un comentario como fixen eu veña a quse esperades para poñer un comentario.
Un saudo
Publicar un comentario