Tamén recomendamos os distintos títulos da colección: Me llamo... da Ed. Parramón (para saber máis consultar tamén o seguinte enlace). Concretamente nestas datas que estamos a celebrar:
A RAG acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. A Educación está de noraboa xa que esto supón un recoñecemento para a literatura infantil e xuvenil, a través, ademáis dunha muller que é mestra!! Na nosa biblioteca contamos con numerosas publicacións desta magnífica escritora como: "Dúas bágoas por máquina", "Mutacións xenéticas", "Unha pantasma branca", "O misterio do cemiterio vello", "Unha raíña negra", "O estanque dos parrulos pobres", "O misterio do faro vello", "Un día de caca e vaca", "Xela volveuse vampira", "Un saco de estrelas", "Quen me quere adoptar?", "Ás de mosca para Anxo", "A lagoa das nenas mudas", "Cando a Terra esqueceu xirar", " Fiz o coleccionista de medos", "Chamizo", "Bicos de prata". Ademáis cabe resaltar o seu libro"O misterio dos fillos de Lúa" pola que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.
Visitade a nova exposición sobre o proxecto documental integrado "A arte na escola" que vos propoñemos dende a biblioteca!!! De seguro que atoparedes algo interesante!!
Ter a capacidade de poñerse na pel doutra persoa. Iso é o que fan os actores e actrices deste vídeo que esperamos que vos gustase. Pero non na pel de calquera, senón que se ven inmersos nunha situación de acoso escolar.
Quizais grazas o traballo dos alumn@ de 5º curso do CEIP O Ramo cheguemos a ser máis conscientes das dificultades polas que pasan algunhas persoas que, ó mellor, non están tan lonxe de nos.
En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha "Declaración de los Derechos del Niño" que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os vosos dereitos porque legalmente non tiña carácter obrigatorio. Por eso en 1978, o goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos dos Nenos. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, acordouse o texto final da "Convención sobre los Derechos del Niño", o 20 de Novembro de 1989, o seu cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a firmaran. A Convención convertiuse en Ley en 1990, despois de ser firmada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe a Convención xa é aceptada por todos os países do mundo, excepto dous (Somalia e Estados Unidos).
Nos dende a biblioteca propoñémosche que visites a exposición que esta colocada no corredor e que accedas ós seguintes enlaces. De seguro que che resultarán moi interesantes. Enrédate Pilar Rodriguez Kimbo Dereitos do Neno Rayuela
Ola a tod@s outra vez. O vindeiro día 16 de novembro celébrase o Día da Tolerancia. Dende a biblioteca propoñémosvos traballar esta temática e ofertámosvos os seguintes recursos. Esperamos que vos sexan útiles!
A biblioteca tamén dispón dunha chea de fondos que podemos empregar como recursos para aprender a ser máis tolerantes. Aquí vos amosamos a exposición que estará á vosa disposición durante estos días.
Vimos de celebrar o Samaín e toda a comunidade educativa se puxo "mans á obra" para lembrar esa noite onde o mundo dos vivos e o mundo dos mortos está máis preto que nunca. Esa noite que os antigos celtas crían chea de maxia e que hoxe aproveitamos para reafirmarnos nas nosas tradicións e pasalo moi ben á conta do MEDO!
Para poñérllelo máis fácil a nosa maxinación, Donte escolleu coa axuda de Kiko unha selección de libros de medo arrepiantes que mellor non ler pola noite!! Ademáis todo o centro respondeu a unha pregunta: E TI, A QUE LLE TES MEDO? Algunhas das repostas foron moi reveladoras!!!