5 nov 2019
DÍA DA BIBLIOTECA
O xoves 24 de outubro celebrámolo día das bibliotecas escolares co contacontos Mouro Moure. Podedes ver as imaxes na seguinte presentación. Grazas!!
2 nov 2019
SAMAIN 2019
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como festexamos o Samaín no noso cole! Non vos perdades a decoración dos nosos corredores coas creacións xeniais que fixeron os nenos e nenas empregando materiais reciclados, o resultado foron uns monstros mooooooi terroríficos!
Pinchando na imaxe poderedes ver o vídeo:
Pinchando na imaxe poderedes ver o vídeo:
23 oct 2019
15 oct 2019
8 oct 2019
PLÁSTICOS E MICROPLASTICOS
Nos seguintes enlaces tedes información sobre plásticos e microplásticos.
https://bibliotecacespon. blogspot.com/2019/10/o-mundo- que-temos-o-mundo-que- queremos.HTML
https://bibliotecacespon.
SORTEO 4 DE OUTUBRO
3 oct 2019
2 oct 2019
10 sept 2019
COMEZAMOS CURSO 2019-2020

INVITACIÓN AOS-ÁS ALUM@S
¡Querid@ alumn@!:
Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que poidas
acudir a ela en busca das últimas novidades, para que te volvas atopar cos teus
personaxes favoritos, para que deixes voar a túa imaxinación e disfrutes de
viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o protagonista, e
cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros axudaranche a
madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
Anímate e non deixes
de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta tódolos recreos, incluso
cando chova, para que leves prestados os teus libros favoritos.
¡Non faltes!
¡Agardámoste! E recorda que:
- A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para facer os deberes nin para comer.
- Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
- Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao responsable da Biblioteca.
- Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
- O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
- Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




