30 sept 2013

TRÍPTICO INICIO CURSO

Algunhas normas e moitas novas e celebracións!!! Así nos plantexamos dende a biblioteca o novo curso que comeza!!!





EXPOSICIÓN MOTIVADORA: GALICIA DE PEDRA

Xa comezamos a saber moitas cousas sobre "a pedra" na nosa comunidade autónoma!!
Sei que todos estades a indagar para respostar ás preguntas do concurso. Deixámosvos un vídeo coas imaxes da exposición que vos está a axudar a resolver dúbidas. Desfrutade tamén da música que acompaña a estas imaxes!!

27 sept 2013

MARCOS CALVEIRO NA LISTA DE HONRA DO IBBY

O noso amigo Marcos Calveiro, que nos veu visitar o ano pasado para falarnos do seu libro "O pintor do sombreiro de malvas", acaba de pasar a formar parte da lista de honra do IBBY grazas á súa obra: "Palabras de auga" Ed. Xerais


Esta obra foi tamén recoñecida co premio Merlín de literatura infantilpremio Fervenzas literarias ao mellor libro xuvenil e premio Fervenzas literarias á mellor portada de infantil e xuvenil. E está á vosa disposición na biblioteca adicado especialmente para o noso colexio, polo seu autor!!! 


Noraboa Marcos!! Esperamos que volvas a visitarnos!!!

19 sept 2013

PREMIO LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DRAMÁTICA


Raúl Dans conseguiu, con Un mosquito de nome Henri, o premio Barriga Verde de teatro infantil na súa última convocatoria. Este galardón, está promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a dinamización da escrita teatral para monicreques.
A obra está publicada por Baía con ilustracións de Jacobo Fernández.
A autor, Raúl Dans, nunhas declaracións á prensa, anima a ler teatro da mesma maneira que se len outros xéneros literarios.

NAVEGA SEGURO


Todos queremos enterarnos das cousas, estar á última, manexar os contidos que nos oferta a Rede, pero... sabemos como facelo axeitadamente?
Para máis seguridade propoñémosvos os seguintes enlaces que nos achegan algunhas recomendacións para o uso de Internet.
NAVEGA Y APRENDE CON SEGURIDAD
USO SEGURO DE INTERNET

12 sept 2013

DENDE A BIBLIO, PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Comezamos xa o camiño e que mellor xeito de facelo que andando entre contos!!! A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces que serán interesantes e de gran utilidade tanto para cativos como para os mestr@s e pais/nais.
Para traballar a lectura compartida
Vídeo-relatos de narración oral

Nacemento da Revista galega Oink!

Beneficios da lectura por pracer para a aprendizaxe.

OUTRA VEZ XUNTOS NO COLEXIO!!

Con que ganas de comezar espertou Donte esta mañá!! A biblio xa está aberta. Víndeo visitar!!!

19 jun 2013

GUIA DE VERÁN 2013

Xa chegan as vacacións!!!! Que ben na praia, no parque, nas festas... Pero que longo é o verán!!! De seguro que temos moito tempo para adicarlle á lectura. Para desfrutar do sol, na compaña de milleiros de persoaxes reais e fantásticos que se fan os nosos amigos inseparables a medida que pasamos as follas dun libro.
Así que dende a biblio, o voso colega Donte, recoméndavos os seguintes contos que vos farán vivir bos momentos en calquera recuncho no que vos atopedes este verán!


12 jun 2013

FOLLAS NOSAS

A  revista do colexio xa está lista. Este ano, en formato dixital, podedes desfrutar dela accedendo dende o blogue ou tamén dende a páxina web do centro.
Un saúdo blogueir@s!!

11 jun 2013

ARTE NA ESCOLA 4º

Os alumnos e alumnas de 4º A e B convertíronse nuns fantásticos fotógrafos e fotógrafas e elaboraron un traballo moi chulo empregando esta canle de expresión artística!