10 jun 2013

ARTE NA ESCOLA 3º

Os nenos e nenas do 3º nivel tamén estiveron a traballar sobre un aspecto da arte moi interesante: os musicais! Unha mezcla de cine e música a través da cal aprenderon moitísimo e tamén o pasaron xenial. O resultado foi o musical: "O frautista de Hamelín". Esperamos que vos guste!!!


4 jun 2013

PDI 2º



Os nenos e nenas de segundo tamén estiveron descubrindo cousiñas sobre pintura. Neste caso non só coñeceron a un pintor da nosa terra, o catalán Joan Miró, senón que tamén sairon das nosas fronteiras para observar e traballar en torno á pintura de Paul Klee.









ARTE NA ESCOLA 1º

Joan Miró



Canto traballáchedes este ano!!! Os traballos do PDI son fenomenais. Hoxe queremos ensinar a toda a comunidade educativa todo o que aprenderon sobre a arte os compañeiros de primeiro! Os seus traballos sobre o pintor Joan Miró son fantásticos!

23 may 2013

OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER

O 8 de maio os nenos de infantil desfrutaron dos contos e debuxos de Olalla González e Marc Taeger. Se queredes lembrar o ben que o pasamos, ollade os seguintes vídeos!

21 may 2013

MANUEL SOLLA

O actor e contacontos Manuel Solla veunos visitar e pasamos uns momentos moi divertidos na súa compaña. Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

MARCOS CALVEIRO




O 29 de abril tamén tivemos a sorte de poder escoitar e coñecer a Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa e cunha obra que abrangue dende a literatura infantil e xuvenil ata a literatura para adultos, pasando tamén pola poesía.

13 may 2013

JUAN SENDINO

Aquí vos deixamos algunha das imaxes que nos deixou Juan Sendino cando nos veu visitar para falarnos do seu libro "Os mequiños e a lenda do meco"


ÚLTIMOS PREMIADOS POLO MES DO LIBRO




O tres de maio repartimos ós derradeiros premios ós lectores da biblio, polo mes do libro. Son os seguintes:


  • Zoe otero Naveiro (4º B)
  • Alba Lobato Novas (1º B)
  • Tania Porto Galván (6º A)
  • Carmen Naveiro Cornes (3º B)
  • Carmen Pais Lois (3º B)


5 may 2013

23 ABRIL. DIA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o día do libro!! Como moitísimos vos sumáchedes á proposta de apadriñamentos lectores que se fixo dende a biblioteca; transladamos esta actividade ao patio. Ademáis o tempo estivo da nosa parte e tanto os lectores como os apadriñados tiveron un comportamento excelente e puidemos desfrutar moitísimo da actividade.
Aquí vos deixo un vídeo que recolle moitos dos momentos dese día, así como unha mostra dun dos contos que se escoitaron o día 23, no patio do CEIP Rosalia de Castro.
Noraboa polo voso excelente traballo!