Canto traballáchedes este ano!!! Os traballos do PDI son fenomenais. Hoxe queremos ensinar a toda a comunidade educativa todo o que aprenderon sobre a arte os compañeiros de primeiro! Os seus traballos sobre o pintor Joan Miró son fantásticos!
O 8 de maio os nenos de infantil desfrutaron dos contos e debuxos de Olalla González e Marc Taeger. Se queredes lembrar o ben que o pasamos, ollade os seguintes vídeos!
O 29 de abril tamén tivemos a sorte de poder escoitar e coñecer a Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa e cunha obra que abrangue dende a literatura infantil e xuvenil ata a literatura para adultos, pasando tamén pola poesía.
Nesta ocasión o día das Letras Galegas estase a adicar a Roberto Vidal Bolaño, autor, director e actor de teatro. Para coñecer máis sobre a súa obra e vida podedes acceder ós seguintes enlaces:
O día 23 de abril celebramos o día do libro!! Como moitísimos vos sumáchedes á proposta de apadriñamentos lectores que se fixo dende a biblioteca; transladamos esta actividade ao patio. Ademáis o tempo estivo da nosa parte e tanto os lectores como os apadriñados tiveron un comportamento excelente e puidemos desfrutar moitísimo da actividade.
Aquí vos deixo un vídeo que recolle moitos dos momentos dese día, así como unha mostra dun dos contos que se escoitaron o día 23, no patio do CEIP Rosalia de Castro.