13 feb 2012

175 anos do nacemento de Rosalía

Ao coincidir coa celebración o vindeiro 24 de febreiro dos 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de publicar un comunicado no que chama á sociedade a participar na celebración. No seu texto, a AELG lembra que a celebración está oficalmente recollida e anima á xente a agasallar libros e flores esta ocasión. Os escritores anuncian que celebrarán lecturas públicas da poeta en prazas de vilas e cidades. Ademais, chaman aos concellos a que inclúan o Día de Rosalía nas súas programacións culturais.

 Dende aquí seguirémosvos informando deste e outros actos relacionados con este tema.

10 feb 2012

Recomendación semanal: iníciate ao xadrez

Esta semana a recomendación coincide cos libros que están expostos á entrada da biblioteca. O tema elexido é o xadrez.
Preguntaredes o porqué desta recomendación, pois ben, por un lado o xadrez é un deporte que aporta uns grandes beneficios para o desenvolvemento da intelixencia dos nenos e nenas; por outro lado, o profe Esteban vai levar a cabo un "proxecto piloto" cos alumnos do 2º ciclo de Primaria. Como alternativa ao recreo tradicional Esteban organizará -a partir do luns- un campionato de xadrez.
Esperemos que esta iniciativa teña continuidade e sexa todo un éxito.

9 feb 2012

Diferentes Entroidos

Boas!
Xa que este ano temos un Proxecto Documental Integrado chamado "Outros pobos, outras culturas" e estamos preto do Entroido, imos aproveitar para que vexades dous vídeos da celebración deste festa en dous lugares ben distintos do mundo. O primeiro presenta o Entroido 2012 en Oruro (Bolivia) onde é moi coñecida a danza da "Diablada". O segundo vídeo é de moito máis cerca, de Verín, onde vemos en funcionamento aos Cigarróns e aos Peliqueiros.


7 feb 2012

Actividades sobre o amor e a amizade

San Valentín xa está merodeando polo colexio e comezamos coas actividades para conmemorar ese día tan especial.
Os alumnos/as do segundo ciclo están a contestar a unha pregunta moi sinxela, ou moi difícil, segundo como o miremos, é "Que é para ti un amigo/a?". Faremos unha selección entre todas as respostas que serán expostas nos taboleiros da biblioteca e serán publicados no blogue.
Os do terceiro ciclo están escribindo cartas de amor derrochando todo o seu talento literario, e, ao igual que os do segundo ciclo, moitos serán expostos e publicados.

Ánimo, que as nosas Rosalías de Castro e os nosos Shakespeares prendan a luz de toda a súa creatividade!

6 feb 2012

Seguimos mellorando

Boas dontiños!
O título desta entrada ten un dobre sentido; por un lado, melloramos os últimos rexistros de empréstitos, que a semana pasada ascenderon a 189, que xa nos parece unha cifra normal para o que habitualmente facemos.

Por outro lado, seguimos mellorando a funcionabilidade do blogue. Os máis observadores xa se darían conta que na parte superior estamos a "colgar" páxinas permanentes con temáticas moi concretas. Isto nos permite axilizar moito o acceso a certas entradas que nos pareecn de especial interés. As dúas primeiras creacións están adicadas ao Día da Paz e ao Entroido, pero a lista aumentará a medida que vaimos achegándonos a outras festas e conmemoracións.

Esta semana colgaremos recursos para traballar o amor, con motivo da proximidade do San Valentín.

Lémonos!

3 feb 2012

Interesante curso para pais e nais

Boas! A continuación imos poñer un enlace a un interesante curso que leva a cabo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez titulado "¡Animadles a leer! Por qué y cómo hacerlo con vuestros hijos de 7 a 11 años".é un obradoiro didáctico on-line de dez horas de duración. Tedes ata o 26 de febreiro para realizar a inscrición. Soamente hai 30 prazas e o prezo é de 25€.
Esperamos que vos sexa de utilidade.

Os de Infantil "fan o Indio"

Xa sei que o título pode parecer que nos estamos metendo con eles, pero como veredes nas imaxes hai unha explicación; metidos de cheo no PDI decidiron traballar a cultura india, de tal forma que para o Día da Paz recurriron aos mandamentos indios, todo un legado nese sentido.
Ademais, se queres acceder ao corredor de Infantil, deberás atravesar a "choza" que montaron, unha chulada.

Un calendario multicultural

Sen tempo non era! Xa podedes ver na seguinte presentación de diapositivas o calendario realizado polos alumnos/as do colexio. Cada mes, unha cultura:


2 feb 2012

Unha curtametraxe preciosa

De cando en vez colgamos no blog algunha xoia que aparentemente está "perdida" pola rede. Dende o blog "Trafegando Ronseis" advertíronnos desta preciosa curtametraxe que agora vos ofrecemos.

1 feb 2012

A vida de Charles Dickens

No blog A Pega Rabilonga atopamos esta interesante entrada sobre Charles Dickens que agora vos reproducimos:

"I
nteresante proposta a que se fai dende o blog de @juanigncastro Enseñar y aprender con web 2.0 co obxetivo de celebrar o douscentos aniversario de Charles Dickens, consiste en publicar algunha entrada relacionada con dito acontecemento nos respectivos blogs de cada un o vindeiro sete de febreiro. Podemos publicar citas ou fragmentos tomados das súas obras, en español ou en inglés, ou en calqueira outro idioma, tamén podemos organizar algunha actividade co noso alumnado para difundir a vida e obra deste mestre da literatura universal"