Perdón, perdón! Xa sei que me retrasei un par de días...
Como xa vos dixen vouvos explicar que son e para que serven os números de color vermello que aparecen nas etiquetas das estanterías. Ao reformar a biblioteca decidiuse colocar os libros dunha forma máis racional e tomouse como norma báscica a Clasificación Decimal Universal (CDU). Consiste en aplicar a cada xénero literario unha cifra que servirá para a organización.
Os aplicados na nosa biblioteca son:
81 - Poesía
82 - Teatro
83 - Narrativa
*831 - Libros de imaxes
*832 - Libros educativos
*833 - Contos
*834 - Contos de animais como protagonistas
*841 - Narracións da vida real
*843 - Narracións de aventuras
*844 - Narracións policiacas, de terror e misterio
*845 - Narracións de humor. Chistes
*846 - Narracións fantásticas. Lendas
*848 - Narracións de animais como protagonistas
85 - Clásicos
87 - Cómics. Tebeos
92 - Biografías. Autobiografías
Agora podes ser máis directo cando busques un libro en concreto!
Boa fin de semana, lémonos!
Ya nos explicó el profe Kiko todo esto, está genial
ResponderEliminarCerto, certo. Xa sei que Quico se me adiantou, pero quero chegar a todas as persoas que usan a biblioteca e non son alumnos/as.
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario
poque non nos adiantas un pouco o que vades a facer co que gane o concurso?
ResponderEliminar