Páginas

PROPOSTAS DA BIBLIOTECA PARA O MES DAS LETRAS GALEGAS

Ola nenos e nenas! Como estades? Espero que esteades ben de saúde todos vós e as vosas familias. Agora que podedes saír un  pouco da casa, seguro que vos sentides mellor. Dende o principio deste confinamento o Equipo de Biblioteca animouvos a ler todos os días uns minutos por pracer (media hora mínimo sería o ideal),  como un tempo de lecer. O mes de maio é o mes “Das Letras Galegas”. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Déixovos un enlace sobre o autor: 
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas 
Para conmemorar este mes, queremos animarvos a que leades libros e contos  en galego. Ademais, tamén queremos propoñervos algunhas actividades:

• Lede, é moi importante, e este mes, especialmente, lede en galego. 
• Facede toda a familia un audioconto lendo un conto en galego.

Cada membro da familia pode ser unha personaxe do conto e ler a  parte que lle corresponda. Logo, enviade o audioconto ao correo do  colexio para subilo ao blogue da Biblioteca. 

• Escribide un pequeno relato en galego. Pode ser de calquera tema, de ficción, ou reflexando o que estás facendo neste tempo de confinamento e como te sentiches durante as semanas pasadas, ou como e te sentes agora.

Procura coidar a limpeza, a redacción e a ortografía. Podedes facelo a man ou no ordenador (preferible para o envío posterior). Cando o remates, envíao ao correo do centro. Aínda que non son actividades obrigatorias, gustaríanos moito que vos animarades participar. A lecto-escritura, a creación literaria, son competencias moi importantes para vós e deberiades practicalas a miúdo. Moitas grazas! 

Tamén vos deixo este enlace para unha obra de teatro de Mamá Cabra titulada
 “15 primaveras”, para que a vexades en familia. Espero que vos guste. 

Unha aperta enorme de parte de todos os “profes” do Equipo de Biblioteca.

24 abr 2020

ABRIL MES DOS CONTOS EN GALEGO

ABRIL, MES DOS CONTOS EN GALEGO!!

Olaaaa nenos/as!
O vindeiro 23 de abril é o Día do Libro. Por iso, os mestres este curso decidimos dedicarlle o mes de abril aos contos en galego! Os libros achégannos innumerables aventuras e ademais, fan que pasemos moitos momentos agradables. Si estamos moi atentos á lectura e nos metemos no papel dos personaxes...podemos pasar horas lendo!!
 
Un conto é unha moi boa opción para calquera día do ano, pero na situación na que estamos aínda máis...sabedes que a través dos contos podemos mergullarnos en infinitas aventuras????? 

Siiiiiiiii, lestes ben!!!! 
Si prestamos atención cando lemos ou escoitamos un conto, poderemos viaxar a outros lugares, transformarnos en fadas, guerreiros, seres inanimados, bruxas, animais...Facede a proba! 
Soamente tedes que prestar moooooita atención e deixar voar a vosa imaxinación!

Aquí vos deixamos o divertido conto "Corre, corre cabaciña"


23 abr 2020