A continuación queremos amosarvos un vídeo no que ademáis de lembrar a exposición "Aventúrate", chea de contos e libros de emocionantes aventuras e fantásticas viaxes; tamén incluimos imaxes nas que a biblioteca aparece chea de vida grazas ás vosas visitas no recreo. Así da gusto andar por estos andeis. Coa biblioteca en plena "Ebullición no recreo".
Páginas
▼
27 ene 2014
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Na semana do 27 de xaneiro recomendámosvos:
Máis obras, máis músicas que traen os Cantares Gallegos á actualidade, para que sigamos lendo e escoitando os versos.
Para iso están as autoras clásicas... as obras clásicas, para volver unha e outra vez a elas e reinterpretándoas desde os diferentes tempos e as diferentes representacións.
Teno demostrado Rosalía sempre, pero máis ao longo do pasado ano, cando se cumprían os150 anos da súa publicación.
Agora, queremos lembrar dúas edicións: Nas tardes escuras de Narf, editado por El Patito Editorial con ilustracións a base de colaxes de Fausto Isorna.
Por outra, Os ollos que falan, un CD de Tempo Catro no que o sexteto, composto por profesores/as do Conservatorio de Ferrol, musica os versos de Rosalía a ritmo de valse, fado,salsa, xota, mazurca ou pasodobre.
E outra máis, aCadaCanto (Guadi Gallego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) acaban de publicar A Rosa d´Adina. Escoitémola!
23 ene 2014
PAZ
A continuación ofertámosvos unha selección de recursos para traballar o día da paz. Esperamos que vos sexan de axuda.
BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano como non podía ser menos dado o achegado do seu pasamento, imos adicar o día da Paz a Mandela e Suráfrica, e dende a Biblioteca quixemos poñer o noso grauciño de area nesta data elaborando unha caza do Tesouro para que os nenos poidan coñecer algo mellor a figura de Madiba.
Aínda queda algún pequeno erro no JClic que se elaborou (hai algún contedor de texto no que falla algunha letra) pero xa está operativo en: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/mandela/index.html
13 ene 2014
RECOMENDACIÓN LECTORA
A semana do 13/01/14 querémosvos recomendar:
A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.
A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.
Esa combinación de autor e ilustrador, que vai máis alá da familia, dá lugar á creación de universos propios nos que gustamos de mergullarnos os demais.
Un libro de libros e unha illa na que se conteñen todas as illas, porque as illas son os lugares nos que a utopía é posible. Dous nenos e unha nena percorren a illa. Mentres o fan son sorprendidos polo misterio. Diferentes personaxes e diferentes situacións levaranos a outras tantas historias que se desenvolveron en illas, noutras illas. Por iso, o libro non recolle unha soa historia senón, tamén, aquelas outras ás que fai referencia. Aventuras para nunca acabar, para seguir a navegar por mares incertos nos que a valentía é imprescindible e onde, de verdade, se coñece a natureza humana.
Docampo volve ao lugar do que nunca se fora: a defensa da lectura.
9 ene 2014
PARA COMEZAR LEMBRANDO
Queremos comezar o ano sen deixar nada esquecido, así que tiñamos pendente de amosarvos os traballiños que dende a biblioteca vos animamos a facer sobre o Nadal. Aquí vai un vídeo coas imaxes do moito que traballamos!!




